“Con outra ollada” é unha peza documental que recolle o proceso de creación do espazo natural Rosalía Mera, en Oleiros (A Coruña). A través de imaxes, testemuños e entrevistas coa veciñanza, especialistas e membros do equipo técnico, coñecemos os detalles dun proxecto pioneiro que redefine o concepto de espazo público urbano e promove unha nova relación entre urbanismo e natureza. O documental amosa como, sobre un solo urbano privado, xorde un parque pensado para o uso e desfrute da cidadanía, deseñado desde unha perspectiva colaborativa, social e ambiental. Participaron activamente Orza Paisajismo, o Grupo Naturalista Hábitat e Trébore Jardinería, xunto a empresas locais, artistas e artesáns, nun esforzo conxunto por integrar a biodiversidade no corazón da vida cotiá. Gravado no propio espazo Rosalía Mera, pola empresa Marma Coop., o filme convida a mirar o territorio con outra ollada: máis respectuosa, transformadora e sostible.
Documental: Con outra ollada | Espazo Natural Rosalía Mera
